Arteixo conmemora esta fin de semana a festividade de Santa Icía, patrona da música, cun programa composto por dous concertos abertos ao público no Centro Cívico Cultural Manuel Murguía.
O sábado 22 de novembro, ás 18.00 horas, celebrarase o II Festival Musical Santa Icía, organizado polo Orfeón de Arteixo e coa colaboración da área de Cultura. No evento participarán a Coral Polifónica Sagrada Familia, o grupo de pandeireta das Actividades Sociais da Concellaría de Maiores e Actividades Sociais de Arteixo e o Orfeón de Arteixo. A entrada será gratuíta ata completar aforo, dispoñible desde unha hora antes do comezo.
Ese mesmo día, ás 12.00 horas, terá lugar un segundo concerto a cargo da Banda de Música Santiago de Arteixo, dirixida por Alejandro Vázquez. A actuación celebrarase tamén no auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía, con entrada de balde ata completar capacidade.
As dúas citas forman parte da programación cultural municipal vinculada á festividade de Santa Icía, que cada ano reúne agrupacións vocais e instrumentais do municipio.
