Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

 

Inicio > Volve o Festival de Sisalde despois de dous anos paralizado pola pandemia

/ Volve o Festival de Sisalde despois de dous anos paralizado pola pandemia

O Festival Folk de Sisalde alcanza en 2022 a súa IV Edición e volve a se converter en referente do circuito nacional despois de dous anos de parón obrigado polas restriccións da pandemia.

A fraga de Sisalde, un dos humedais mellor conservados da provincia coruñesa, volverá a se encher,o próximo 3 de setembro, de música e tradición  nunha nova edición desta cita que combina os concertos de grupos referentes no panorama folk, cunha foliada tradicional na que os visitantes poderán atopar postos de artesanía, venda de pan, empanadas, xogos para nenos ou mostras de oficios case extinguidos.

O cartel está encabezado por tres referentes do folk. Trátase de Luar na Lubre. Astarot e D’Urria aos que acompañarán agrupacións de dilatada tradición e prestixio como a Asociación.Xuvenil Xiradela; Asociación cultural Triskel e as bandas de gaitas de Abelladeira e de Vega de Espinareda.

O cartel conta desde os seus inicios coa participación de bandas chegadas dende o Bierzo polo irmanamento que Arteixo ten co Concello de Balboa. Nesta ocasión son D’Urria e as bandas de gaitas de Abelladeira e Vega de Espinareda.

A concelleira de turismo, Patricia Amado, destaca a importancia desta cita, á que acodiron na pasada edición máis de 3000 personas, non só como referente cultural e musical senon como medio para poñer de relevo a riqueza natural de Sisalde e a importancia da súa conservación.

O Festival comezará ás 12 do mediodía e o reparto de mesas e sillas a partir das 9h. Os asistentes disporán postos nos que comer e beber. Os que o desexen poden levar a súa propia comida e disfrutar igualmente da festa.

Ir al contenido