Unha avaría dunha das tubaxes principais de abastecemento de Emalcsa situada no barrio de Palavea no municipio da Coruña o pasado domingo está a provocar episodios de turbidez en zonas de Arteixo como Meicende, Pastoriza ou Vilarrodís que se abastecen da auga procedente desa tubaxe.
Emalcsa comunicou ao concello de Arteixo que eses episodios de turbidez irán desaparecendo co paso dos días