Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Un xulgado condena a un ano de prisión e multa económica ao agresor do concelleiro de urbanismo por un delicto de lesións

PUBLICACIÓN

Un xulgado condena a un ano de prisión e multa económica ao agresor do concelleiro de urbanismo por un delicto de lesións

26 Abr, 2022 | NOTICIAS

A sección nº1 da Audiencia de A Coruña sentencia que a agresión sufrida en novembro de 2018 polo concelleiro de urbanismo, Alberto Castro, por parte dun residente en Larín foi un delito criminal contra a súa persoa.

A audiencia cosidera probado que o acusado foi responsable dun delito de lesións ao que foi condenado cun ano de prisión e o pago de multas económicas.

A sentencia sinala que Alberto Castro estaba dentro do seu coche particular na localidade de Larín e o agresor abalanzouse  sobre él proferindo insultos e propinándolle golpes.

As conclusións do maxistrado condena a Felipe Carballeira «como autor criminalmente responsable dun delito de atentado á autoridade e un delito de lesións, xa definidos, non concurrindo circunstancias modificativas, ás penas, polo primeiro delito, dun ano de prisión, coa accesoria inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, e a multa de seis meses, cunha cuota diaria de sete euros, con responsabilidade personal subsidiaria dun día de privación de liberdade or impago de cada dúas cuotas, e á pena de multa de 6 meses, cunhga cuota diaria de sete euros, e coa mesma responsabilidade personal subsidiaria en caso de impago, polo segundo delito»

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido