O Concello levará a un pleno extraordinario, a semana próxima, o expediente de expropiación de 5.900m2 nunha zona situada ao carón da escola infantil de Vilarrodís. O terreno expropiarase para iniciar a licitación dun proxecto de obra destinado a construir unha gran zona deportiva, un aparcamento, unha nova rúa que mellorará o acceso á escola e unha gran zona verde que se extenderá ata as marxes do regatos das Teixueiras.
Estes traballos servirán tamén para que Vilarrodís dispoña dun espazo para o desenvolvemento das festas e outros eventos públicos. Terá unha licitación de 867.000 euros.
Paralelamente a este proxecto tamén licítase no mesmo entorno o novo centro social, que se situará nun terreno situado tamén ao carón da escola infantil e que servirá para que os alumnos da escola realicen actividades e os veciños do núcleo podan utilizalo como centro de referencia para servizos municipais.
O proxecto presenta unha edificación que debe servir para todo tipo de actividades, reunións e actos, pero tamén plantéxase como un complemento para mellorar as demandas dos usuarios da escola.
O novo centro social conta cun orzamento de construcción de 990.000€ e unha superficie cercana aos 600m2.