Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Un novo programa municipal permitirá a cesión temporal de solares para os destinar a usos públicos

PUBLICACIÓN

Un novo programa municipal permitirá a cesión temporal de solares para os destinar a usos públicos

2 Jul, 2021 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

O Concello aproba o denominado «plan de esponxamento urbano». Esta iniciativa permitirá que o concello chegue a acordos para a cesión temporal de solares urbanos vacíos que poderán así usarse como aparcamentos, zonas verdes ou melloras da conectividade urbana. Os donos dos solares, como compensación, non pagarían o IBE e sería o concello o encargado de limpar e adecuar os terreos. Os propietarios poderían recuperar os seus solares de forma inmediata e en calquera momento co un simple preaviso de tres meses ante a administración.

Esta convocatoria é froito do traballo dos técnicos municipais que analizaron o gran número de solares sen edificar nos núcleos de Arteixo, Vilarrodís, Pastoriza e Meicende. O estudo conclúe que a utilización destes terros podería ser moi beneficiosa para a mellora das tramas urbanas. Os técnicos contabilizaron, na primeira estimación, 157 solares sen edificar susceptibles de ser utilizados polo concello.

O traballo técnico estima que poderían, con eses números, crear 500 novas prazas de aparcamento en Arteixo e cifras similares en Vilarrodís e Meicende.

Os interesados en participar neste programa poden acodir ao Departamento de Obras que será o encargado de tutelalo.

O alcalde Carlos Calvelo indica que o obxectivo é aproveitar terreos vacíos, sen uso, para o beneficio de todos e con intervencións rápidas e sen moito coste para a administración.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido