A Concellería de Educación , atendendo ás necesidades de conciliación das familias empadroadas en Arteixo, decidiu conceder, sen sorteo, unha praza a todas as persoas que a solicitaron.
O campamento realizarase nas instalación do centro AGARIMO, agás a 6ª quenda que se realizará no Centro Social de Vilarrodis Para formalizar a matrícula deberán solicitar os recibos ao departamento de Educación e aboalos nos seguintes prazos: Quendas de xuño do 9 ao 11 de xuño de 2025
Quendas de xullo do 16 ao 20 de xuño de 2025
Quenda de agosto do 7 ao 11 de xullo de 2025
Quenda de setembro do 18 ao 20 de agosto de 2025
As prazas que non sexan aboadas serán dadas de baixa automaticamente
CAMPAMENTO LABORATORIO MUSICAL VERÁN 2025 (Centro Cívico)
Todas as solicitudes foron aceptadas. O laboratorio musical desenvolverase ao longo de 11 xornadas de 4 horas de duración cada unha (de 10:00 a 14:00 horas) XULLO 2025: días 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31
Para formalizar a matrícula deberán solicitar os recibos ao departamento de Educación e aboalos nos seguinte prazo:
Do 16 ao 20 de xuño de 2025.
As prazas que non sexan aboadas serán dadas de baixa automáticamente.
CAMPAMENTO DIVERSIDADE VERÁN 2025 (Agarimo)
Este campamento non se levará a cabo por carecer de demanda.
CAMPAMENTO CONCILIA ADOLESCENTES VERÁN 2025 (Agarimo)
Todas as solicitudes foron aceptadas para a segunda (16 – 31 xullo) e terceira quenda (1- 14 agosto) do campamento adolescentes. A primeira e a cuarta non se levará a cabo por carecer de demanda.
Para formalizar a matrícula deberán solicitar os recibos ao departamento de Educación e aboalos nos seguintes prazos:
Quendas de xullo do 16 ao 20 de xuño de 2025
Quenda de agosto do 7 ao 11 de xullo de 2025
As prazas que non sexan aboadas serán dadas de baixa automaticamente.