A Deputación da Coruña, no desenvolvemento das súas competencias en materia ambiental, dá continuidade a esta liña de axudas de apoio aos concellos da provincia da Coruña no sostemento dos gastos de contratación dirixidos á limpeza das súas praias marítimas, co obxectivo de contribuír á conservación e mantemento do patrimonio natural e medio ambiente da provincia así como mellorar a calidade de vida dos seus habitantes baixo criterios de equilibrio territorial e de desenvolvemento sostible.
O servizo de limpeza de praias, tanto de xeito manual como mecánico, cubre un área total de máis de 51 hectáreas, repartidas nas 9 praias do municipio. A limpeza realízase de tal maneira que non afecte á calidade da praia por arrastre de áridos, nin ao seu equilibrio ecolóxico respectando sempre a fauna e flora da contorna. Nos areais ademáis, colocáronse áreas de papeleiras para a recollida selectiva da fracción resto (tapa gris), fracción bioresiduos (tapa marrón) e fracción envases lixeiros (cor amarela).
A subvención concedida a este concello pola Deputación de A Coruña para o ano 2023 ascendiu a 25.219,43 €