Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Solicitude extraordinaria de admisión para Bacharelato 2022-2023 no IES de Pastoriza

/ Solicitude extraordinaria de admisión para Bacharelato 2022-2023 no IES de Pastoriza

O prazo extraordinario para a solicitude de admisión en calquera das dúas modalidades autorizadas no IES de Pastoriza ábrese o próximo luns 25 abril e prolóngase ata o mércores 4 de maio.

As modalidades autorizadas son as de Ciencias-Tecnoloxía e Humanidades-Ciencias Sociais. Limitada a oferta a 33 prazas para 1º Bacharelato en cada unha das dúas modalidades. No caso de recibir mais solicitudes que prazas ofertadas terá prioridade o alumnado escolarizado actualmente no propio centro, aplicando para o resto os criterios xerais de admisión.

A solicitude terá que ser presentada presencialmente na secretaría do centro educativo, xunto coa renuncia a calquera outra solicitude de reserva ou admisión realizada previamente.

Este prazo extraordinario para a reserva de praza é unicamente para alumnado escolarizado en 4ºESO no curso 2021-22 que teña intención de continuar estudos de Bacharelato no curso 2022-2023.

Ir al contenido