Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Solicitantes Escolas Deportivas Municipais 25/26 Provisional

/ Solicitantes Escolas Deportivas Municipais 25/26 Provisional

O Servizo Municipal de Deportes publica a listaxe provisional de persoas solicitantes das Escolas Deportivas Municipais. Ábrese un prazo de subsanación de erros que remata o 22 de agosto. O día 25 de agosto publicarase a listaxe definitiva de solicitantes.

O martes 26 de agosto celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas para as Escolas Deportivas Municipais. No caso dos grupos donde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 29 de agosto na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo (1-12 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo solicitar e entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de outubro.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo (https://ovtarteixo.dacoruna.gal/ga/150058/AARTEIXO/pagar).

 

Ir al contenido