Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Setembro comeza con dezaséis novos asfaltados no núcleo de Arteixo

PUBLICACIÓN

Setembro comeza con dezaséis novos asfaltados no núcleo de Arteixo

27 Ago, 2021 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

O Concello acometerá en setembro próximo o asfaltado de dezaséis rúas do núcleo de Arteixo. Trátase das rúas enceslao Fernández Flórez, República Dominicana, Eduardo Pondal, Nicaragua, Ría de Noia, Valle Inclán, Pedregal, Ramón de la Sagra, Historiador Vedia, Fernando Casas Novoa, Guerra de Independencia, Manuel Pardo Alvedro, Francisco Mosquera, Río Eume, Río Eo e Agramonte.

Os traballos, con un presuposto de 311.000€, obrigarán a cortes de tráfico dos que o concello avisará puntualmente e co tempo suficiente para que os veciños afectados tomen as medidas necesarias.

O Concello xa asfaltou en semanas pasadas 19 rúas e vías nos núcleos de e Vilarrodís, Oseiro, Sol y Mar, Loureda e Meicende ás que tamén, como no caso de Arteixo, únense melloras dos sinais lumínicos en todos os pasos de peóns co obxectivo de mellorar a seguridade.

No que vai de ano Arteixo investiu neste tipo de obras, en todas as parroquias, un total de 2,3 millóns de eurosE

Os traballos municipais únense ás melloras que acomete a Xunta de Galicia na AC-552 e no Polígono de Sabón.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido