Como chegar a Arteixo?
Aeroportos
Os tres aeroportos internacionais da Comunidade Autónoma de Galicia están unidos por unha rápida autoestrada, o que fai que a persoa viaxeira chegue sen demora até o seu punto de destino. Ademais da proximidade á estación de ferrocarril, a autovía Arteixo-Lugo-Madrid e a autoestrada A Coruña-Carballo que pasan por este municipio, hai unha extensa rede de estradas secundarias que experimentaron unha gran mellora no seu trazado e no seu firme, o que beneficia o percorrido por todos os recunchos deste termo municipal.