Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

 

Inicio > Servizos > Turismo > Turismo industrial

/ Turismo industrial

Turismo industrial en Arteixo

Polígono de Sabón

O turismo industrial é un elemento de identidade social, de feito o municipio de Arteixo é coñecido a nivel internacional grazas á súa gran industrialización, iniciada na década dos anos sesenta do pasado século, coa construción do Polígono Industrial de Sabón, que se complementa coa construción do gran Porto de Lagosteira e co Polígono de Morás, que nun futuro mellorará a condición deste municipio como motor da economía local, sen perder a súa propia identidade.

As empresas colaboran amosando o seu labor ás persoas visitantes e materializan a súa responsabilidade social de transmisores de coñecementos ao mesmo tempo que contribúen a xerar beneficios directos, tanto para quen as visita coma para a comunidade local na que están instaladas.

 

Unha axeitada técnica de interpretación por parte das empresas permite que os visitantes gocen coa explicación sobre a súa evolución cronolóxica, técnica e social participando completamente na mesma, espertando e satisfacendo a súa curiosidade.

Un reforzamento e coordinación da presenza das industrias grandes e pequenas instaladas neste municipio é fundamental para crear sinerxías conxuntas con todas as contribucións de carácter institucional que procedan, tanto da administración municipal de Arteixo coma doutras administracións.

Así pois, a promoción, o desenvolvemento e a innovación son os aspectos que caracterizan a singularidade e o atractivo do Turismo Industrial que cómpre desenvolver pola súa importancia cultural, pedagóxica e económica que se complementa con outro tipo de turismo que xa está consolidado actualmente. Así o entenden actualmente as empresas punteiras do Polígono Industrial de Sabón, entre elas Inditex, La Voz de Galicia ou Bonilla a la vista cuxa información se pode consultar nos seus portais web coma La Voz de Galicia que conta co Museo Santiago Rey Fernández- La Torre.

Porto de Langosteira

Porto de Langosteira

O Concello de Arteixo forma parte do Consorcio As Mariñas e, polo tanto, participa no proxecto de implantación do Turismo Industrial na área metropolitana da Coruña e así, en conxunto, pódense emprender rutas ou paquetes temáticos que redundan na motivación para que as empresas participen activamente abrindo as súas portas e ofrecéndolle ás persoas visitantes a posibilidade de gozaren desta experiencia lúdico – cultural.

Ir al contenido