Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

 

Inicio > Servizos > Turismo > Sente > Feira do galo

/ Feira do galo

Feira do galo de Arteixo

“O Concello de Arteixo a través da Concellaría de Promoción e Desenvolvemento, desenvolve desde o ano 1992 o Feirón do Galo de Nadal, evento coñecido tamén coma Feira do Galo.

A data de celebración está fixada desde o seu nacemento para o sábado anterior á Noiteboa. Este ano coincide o día 23 de decembro, converténdose nunha das citas máis coñecidas da comarca coruñesa onde se mestura gastronomía, comercio e lecer.

Coma calquera outro sábado, os comerciantes e feirantes achéganse a Arteixo e ofrecen os seus singulares produtos, diferentes a calquera outro sábado de feira. Acoden cos galos que crían eles mesmos e proceden deste municipio pero tamén doutros limítrofes. Todos os exemplares entran nun concurso onde o xurado elixe os mellores e nun acto público entréganse diferentes premios en metálico.

Este ano continúase coas Xornadas de Tapeo no Nadal nas que participan dezanove establecementos hostaleiros e, en torno á Feira do Galo, ofrecen petiscos relacionados coas comidas típicas destas datas elaborándoas segundo o seu criterio e escollendo un nome en galego para cada petisco”.

Feira do Galo
Ir al contenido