Axenda turismo en Arteixo
Cultura programa un «Verán de estrelas» que encherá de música, cine e maxia os próximos meses
A Concellería de Cultura presenta o seu «Verán de estrelas», un programa inclúe unha ampla variedade de actividades dirixidas a todo tipo de públicos. Música, literatura, cinema, monicreques, maxia, inchables e exposicións encherán de actividade os meses estivais...
«Cuñados» abre as «Noites de cinema» programadas pola concellería de cultura para o mes de agosto
Noites de cinema para os venres de agosto na programación cultural de verán. Ao aite libre na Praza do Balneario aínda que, se as condicións meteorolóxicas non son favorables, as proxeccións serán na Capela do Balneario. A programación ábrese o venres 2 de agosto...
Cita co folk na Capela do Balneario
Breo trío, é un pequeno formato do novo grupo de folk que emana e bebe da tradición galega, mesturando a música tradicional e a cultura inmaterial de Galiza con novos sons, creando unha música contemporánea de raíz. Chegan a Arteixo como parte do programa cultural...
Música e tradición para sete días das Festas do Apóstolo 2024
As Festas do Apóstolo 2024 volven a reunir música e tradición en sete días de festa que comezarán o 21 de xullo e que contarán con actividades para todas as...
A cultura nipona, aventura a cabalo e actividades mariñas, propostas para o verán da mocidade
O Departamento de Xuventude prepara un «Veraneo molón» para toda a mocidade. A proposta divídese en tres apartados que inclúen, desde actividades como vela, kayak e paddlesurf, con distintas quendas no mes de xullo e un custe de 15€; ata saídas a cabalo polo val de...
Literatura e música as túas citas de fin de semana na Capela do Balneario
A Capela do Balneario segue a centrar a actividade cultural da semana con dúas citas programadas para esta fin de semana. Pablo Mariño presenta o seu libro «O arrecendo das noites de vísperas» ás 20:30 h do venres 28 de xuño. O O sábado será o momento da música coa...
