Se o teu é camiñar poderás facelo nunha contorna inmellorable, combinando o verde da Costa de Arteixo co azul do noso océano ou entrar nos nosos frondosos bosques.
Ademáis dunha gran beleza natural, percorrendo os nosos carreiros poderás descubrir recursos de gran interese ambiental, geomorfológico e histórico entre outros. Anímache e dá o paso!
Roteiros e sendas polos Espazos Naturais de Arteixo
Varios roteiros e sendas percorren o Espazo Natural de Arteixo, un lugar de espectacular beleza onde gozar da paisaxe, o mar e a natureza.
Senda Azul
Distancia
6,5 Km |
Duración
2 horas |
Dificultade
Baixa |
Inicio – Fin
Sabón – O Reiro |
Puntos de interese
|
|
SENDA
Senda do Río Bolaños
Distancia 2,8 Km |
Duración 1 horas |
Dificultade Baixa |
Inicio – Fin Arteixo – Rañal |
Puntos de interese
|
|
Arteixo – Xalo
Distancia
27,2 Km |
Duración
8 horas |
Dificultade
Media – Baixa |
Inicio – Fin
Arteixo – Carral |
Puntos de interese
|
|
Ruta a Pastoriza
Distancia
Arteixo 8 Km A Coruña 2 Km |
Duración
Arteixo1:30 hora A Coruña 1 hora |
Dificultade
Media – Baixa Media – Baixa |
Inicio – Fin
Río Bolaños Meicende |
Puntos de interese
|
|
Sisalde Vermella
Distancia
10 Km |
Duración
3 horas |
Dificultade
Baixa |
Inicio – Fin
Os Barreiros |
Puntos de interese
|
|
Sisalde Amarela
Distancia
7 Km |
Duración
2 horas |
Dificultade
Baixa |
Inicio – Fin
Praia de Barrañán |
Puntos de interese
|
|
Respecta a natureza Respecta a natureza e os seres vivos, non molestes aos animais nin arrinques plantas. Se recolles cogomelos, faino con responsabilidade. |
|
NO |
Prohibido facer lume O lume pode destruír vida. Non acendas fogueiras nin tires cabichas. |
Recolle e recicla Recolle o lixo que xeres e deposítaa no contedor. Se é posible, sepáraa para reciclar. |
|
Especies invasoras Non abandones animais exóticos: causan un dano irreparable no equilibrio ecolóxico da natureza. |
|
Fauna e flora Camiña sempre polos carreiros para evitar danar a flora e a fauna. |
|
Estacionalidade Goza dos espazos e do contacto coa natureza. Volve visitalo e descúbreo noutras épocas do ano. |
|
Reduce o ruído Reduce o ruído para non espantar á fauna nin molestar a outros camiñantes. |
Respecta a propiedade privada Respecta a propiedade privada. Non pises os sementados, non collas froitas nin ningún produto de leiras privadas. |
|
Mascotas Vixía á túa mascota. As zonas protexidas gardan un gran valor ecolóxico a cada paso. |
|
Infórmache antes da excursión Infórmache da zona: se está protexida, se está permitido o uso de drons… |
|
Auga Hidrátate! Non en todas as sendas hai fontes, leva a túa propia auga. |
|
Sede precavidos Evita accidentes non penetrándoche en terreos difíciles ou con risco de perdernos. |
|
Calcula o tempo Calcula o tempo que che levará realizar o roteiro e evita que anoiteza. |
|