Inicio > Servizos > Turismo > PRAIAS

Praias

Como aspecto turístico máis salientábel do Concello de Arteixo hai que subliñar os seus areais, moi concorridos na época estival onde se pode gozar do tempo de lecer.

Os máis visitados son os de Barrañán, As Combouzas (nudista) e os de Alba-Sabón. Estes areais están batidos polas bravas ondas do océano o que fai que as súas augas sexan limpas e a súa area de cor gris clara e fina. Tamén son moi visitados outros areais máis pequenos pero acolledores coma os de Valcovo e Repibelo-A Salsa entre outros.

Neste ano o Concello de Arteixo conta co distintivo de bandeira azul para oito das súas praias (O Reiro, Barrañán, As Combouzas, Valcovo, A Hucha, A Salsa-Repibelo, Alba-Sabón e Praia de Area Grande de Suevos) e presume de contar cunha Senda Azul que as conecta. Cabe salientar que a senda é un lugar idóneo para avistar aves e cetáceos.

Todas elas teñen fácil acceso e contan con bos servizos turísticos como limpeza, aparcamento, duchas, ramplas de acceso, sendas de madeira nas dunas e socorrismo na tempada de verán.

Os nosos areais permiten a práctica de deportes náuticos e na súa contorna pódese gozar da fachada Atlántica do municipio a través dos seus paseos, tanto a pé coma en bicicleta ou a cabalo, por unha paraxe privilexiada no LIC Costa da Morte.

Ir al contenido