Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

 

Inicio > Servizos > Turismo > Praia de Area Grande ou Valcovo

/ Praia de Area Grande ou Valcovo

Praia de Area Grande ou Valcovo en Arteixo

Praia de Valcovo

Praia resgardada dos ventos do sudoeste e do nordés, predominantes na zona.

Praia de area branca moi fina, difícil de ver dende o camiño, porque a rodean os montes de Valcovo de Abaixo e o do Petón. Ten forte ondada. É ideal para practica do surf.

Nun extremo da praia posúe a furna de San Xián, accesible unicamente coa baixamar. A lenda di que un pescador ceibou un galo na furna de San Xián (de aí que tamén sexa coñecida coma a “Furna do Galo”) atado a un cordel por unha pata para poder recuperalo; o galo entrou na sima e apareceu dous quilómetros máis adiante xunto a unha fonte de auga doce.

Entérate de cómo é a praia de Valcovo en Arteixo!

 

Descarga a App de Turismo e Comercio de Arteixo.

Ir al contenido