Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

 

Inicio > Servizos > Turismo > Ocio > Autocross Arteixo

/ Autocross Arteixo

Circuito de autocross en Arteixo

circuito

O Club autocrós Arteixo é quizáis a organización que máis xente atrae a Arteixo. Cando se celebra unha carreira do campionato no circuíto José Ramón Losada congréganse miles de persoas. Ante esa grande afluencia de público e participantes, o circuíto conta cunhas infraestruturas adaptadas a iso. Instalacións sanitarias para homes e mulleres, zonas habilitadas para persoas de mobilidade reducida, localizacións específicas para a prensa etc. Consta dunhas 5.500 localidades de asento. Oitenta persoas colaboran coa organización de cada proba do campionato galego. No campionato nacional esa cifra ascende a unhas 150 persoas. A seguridade está presente en todo o circuíto e un equipo médico encabezado polos doutores Baldomero Borrajo e Alicia Freire velan pola saúde dos pilotos.

A historia do autocrós en Arteixo empeza no ano 1982. O circuíto estaba no que actualmente agora é o Polígono Industrial de Sabón e a súa corda era de pouco máis de 800 metros.

A finais da década dos oitenta a acción trasladábase a un novo circuíto, situado en Santa Icía de Morás e no que comezarían pronto a competir moitos dos mellores pilotos de España e Portugal.
No ano 2000 inaugurábase oficialmente o novo circuíto de Morás, no que se está a competir até a actualidade; cada ano incorporou numerosas melloras. Xunto co inigualable ambiente que se vive en cada proba, converteuse por dereito propio no máis popular de cantos forman o Campionato de España de Autocrós.

Coche de carreiras
Torre do circuíto

Este circuíto recibe desde o ano 2006 o nome de » José Ramón Losada», na honra da persoa que foi o seu emblemático presidente durante máis de dúas décadas.

Autocross historia
Ir al contenido