ZEC Costa da Morte
Dentro da Rede Natura 2000 distínguense os ZEC (Zonas Especiales de Conservación) Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea co obxeto de salvagardar e conservar a biodiversidade dos espazos naturais máis importantes de Europa.
O litoral arteixan forma parte do ZEC Costa da Morte.
Este ZEC esténdese dende Arteixo até Fisterra. O tramo correspondente a comarca da Coruña abrangue únicamente gran parte do litoral do Concello de Arteixo e acolle algún dos valores naturais que converten este litoral nun dos máis valiosos de Galicia.
A gran protagonista é a praia de Barrañán, cun cordón dunar no que medran multitude de especies de plantas perfectamente adaptada un medio tan duro, caracterizado pola volatilidade do chan, os foretes ventos e o sal que estes traen do mar e a escaseza de auga doce. Unhas pasarelas de madeira e outros servizos fan posible harmonizar o goce do areal coa súa conservación. De feito, cada verán, Barrañán acolle a numerosos bañistas atraídos polo seu lado salvaxe.
Ás costas das dunas ábrese un val polo que discorre o río Sisalde e no que un sendeiro peonil percorre este ecosistema.
Cara u oeste, cantís de diversas alturas altérnanse con recollidas calas (como por exemplo a de Sorrizo), porto natural moi acolledor ondea inda se poden observar as tradicionais lanchas de pesca.