
Obxetivos
Entendemos por atención temperá ao conxunto de intervención dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e á súa contorna, e que ten por obxectivo darlles resposta o máis axiña posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.
Detección precoz
Tanto os profesionais dos centros educativos, como os membros do ámbito familiar e o pediatra de cabeceira, poden identificar necesidades como retraso ou dificultades no desenvolvemento motor, na linguaxe, nas relacións sociais e/ou nos procesos de aprendizaxe.
Cómo actúo?
Unha vez que se detecta unha necesidade, os proxenitores deberán acudir ó centro de saúde (se a identificación da necesidade se detecta no eido educativo ou familiar).
Para a atención no SAT, é imprescindible a derivación por parte do pediatra. Para efectuala, contan cun formulario de derivación específico.
Unha vez que as familias conten con dito formulario, terán que presentalo nos Servizos Sociais do Concello de Arteixo para a solicitude no SAT.
Cómo traballamos?
Para atender ás necesidades do/a menor e á súa familia, e seguindo o protocolo de atención temperá, é fundamental a coordinación continua cos diferentes axentes da contorna durante o proceso de intervención co fin de xeneralizar as melloras.
Dende o equipo do SAT, unha vez detectada a demanda, será asignado un coordinador de caso que será o encargado de realizar a intervención co/a menor e demáis axentes, de maneira global.
Contacto Servizos Sociais
Borja Rey, psicólogo dos Servizos Sociais do Concello de Arteixo
Rúa Ría de Noia, 2, 15142, Arteixo, A Coruña
E – mail: borja.rey@arteixo.org; Telf.: 619 569 149
Equipo e ubicación do SAT
O Servizo de Atención Temperá do Concello de Arteixo está formado por un equipo transdisciplinar:
– Psicóloga
– Logopeda
– Fisioterapeuta
Todas elas contan con formación e experiencia en poboación pedriátrica e os axentes que os rodean.
O servizo de atención temperá do Concello de Arteixo ten a súa localización no local que está situado no baixo do Centro Residencial de maiores e Escola infantil, en Rúa Río Tambre s/n, C.P. 15142, Arteixo, A Coruña (entrada directa polo lado esquerdo do edificio).
Horario do Servizo de Atención Temperá (SAT)
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | |
Mañá | 09:00-15:00 | 09:00-15:00 | 09:00-15:00 | 09:00-15:00 | 09:00-13:00 |
Tarde | 15:30-18:30 | 15:30-18:30 | 15:30-18:30 | 15:30-18:30 |