Servizo municipal de residuos
Teléfono
pulsa para chamar
Correo electrónico
pulsa para enviar un correo electrónico
Padrón de taxas
Punto limpio
Teléfono
pulsa para chamar
Localización
Avda. de Educación, s/n (Coordenadas: 43.31755716462189, -8.510171098685007)
HORARIO:
10:00–13:00
15:30–18:30
09:30–13:00
15:30–19:00
09:30–13:00
15:30–19:00
Xoves:
09:30–13:00
15:30–19:00
09:30–13:00
15:30–19:00
9:00–14:00
Domingo: Pechado
Descripción:
O puntos limpo é unha instalación municipal gratuíta destinada fundamentalmente ao depósito de determinadas tipoloxías de residuos municipais (de carácter non ordinario), que pode ser empregado pola poboación en xeral de forma voluntaria.
Os residuos non ordinarios a depositar provirán exclusivamente do ámbito domiciliario ou de pequenos produtores, non estando permitida a súa utilización para residuos non ordinarios de medianos ou grandes produtores –salvo excepcións-, que deberán xestionar estes residuos de conformidade coa normativa vixente, en especial á referida a residuos perigosos.
Residuos admisibles nos puntos limpos
Serán admisibles nos puntos limpos os seguintes residuos, debidamente separados e segundo as seguintes cantidades máximas estimativas por persoa e visita:
- Residuos perigosos do fogar (disolventes, pinturas, sprays, radiografías, restos de medicamentos, termómetros): 5 unidades de cada tipoloxía
- Fluorescentes: 4 unidades
- Residuos voluminosos de liña marrón (colchóns, somieres, mobiliario e aveños de uso común): 2 unidades de cada tipoloxía
- Residuos voluminosos de liña branca (frigoríficos, lavadoras e electrodomésticos de grandes dimensións): 1 unidade de cada tipoloxía
- Teléfonos móbiles (3 unidades), computadores e, en xeral, aparellos electrónicos (1 unidade de cada tipoloxía)
- Cascallos de obras menores domiciliarias (4 sacos)
- Restos de podas e segas domésticas: 960 litros (equivalente á capacidade de catro colectores verdes situados en vía pública)
- Pilas, acumuladores e baterías (sen límite)
- Baterías de automóbiles: 1 unidade
- Aceite vexetal de cociña e aceite de automoción: 10 litros
- Filtros de aceite: ata 2 unidades
- Palés de madeira: ata 2 unidades
- Roupa e téxtiles: ata 2 bolsas
- Cristais planos, xanelas e lámpadas (1 bolsa de lixo domiciliario), parabrisas (1 unidade)
- Pneumáticos de vehículos: ata 4 unidades
- Chatarras (1 saco)
- Plásticos e grandes embalaxes (ata 6 sacos)
Condicións para a entrega
- O traslado correrá a cargo do produtor ou posuidor, que poderá levar o automóbil ata o colector de depósito.
Os residuos non deberán estar mesturados entre si nin con residuos ordinarios. - O depósito dos residuos será realizado polo propio usuario das instalacións, segregando as fraccións nos colectores situados e identificados para o efecto.
- A reiteración na utilización do punto limpo levará unha análise por parte da Concello, a fin de determinar unha utilización inadecuada
Servizo especial de recollida
(Voluminosos e enseres)
Teléfonos para solicitar o servizo:
Teléfono
pulsa para chamar
Descripción:
Co gallo de facilitar a recollida dos residuos voluminosos á veciñanza, o Concello poñerá a disposición un servizo municipal especial de recollida. A solicitude deberá facerse telefonicamente ou por calquera outro medio de comunicación que o Concello teña a disposición para tal fin; nesta comunicación deberase realizar unha descrición dos residuos que desexa que retire dito servizo.
Atendendo a aspectos de operatividade, o Concello poderá graduar a cantidade ou volume dos residuos por servizo realizado. Corresponde ao usuario do servizo depositar os residuos no lugar que o Concello lle indique, respectando as datas, horarios e outras condicións que se establezan.
Enténdense por tales os residuos municipais integrados por electrodomésticos, mobles, colchóns, somieres e trastes vellos provenientes das actividades domésticas de reparación ou substitución do equipamento da vivenda e que polo seu tamaño ou características morfolóxicas especiais non poden ser retirados polo servizo de recollida ordinaria, sendo necesario un servizo de recollida específico.
Clasifícanse en:
- Voluminosos de liña branca: lavadoras, lavalouzas, frigoríficos, televisores e similares.
- Voluminosos de liña marrón: colchóns, somieres, sofás, armarios e demais mobiliario e fornitura.
Ordenanza municipal
Ordenanza resíduos
ORDENANZA MUNICIPAL Nº 46 DE XESTIÓN DE RESÍDUOS DOMÉSTICOS DO CONCELLO DE ARTEIXO
Planificación de resíduos
O Concello repartirá 15000 funís para a recollida separada de aceites usados de cociña
O concello de Arteixo, seguindo co seu firme compromiso coa xestión responsable e sostible do lixo municipal , activa o novo proxecto Que non che esvare o aceite!”, que consistirá no reparto de 15000 funís para facilitala recollida separada de aceites usados de...
O Concello mellora e amplía a rede de contedores de reciclaxe
O Concello sustitúe os contedores de papel e cartón por outros de maior capacidade debido ao incremento da reciclaxe por parte da veciñanza. Os técnicos xa instalaran novos colectores o pasado mes de xullo , como proba piloto, na Avenida do Balneario, Praza das...
Plan municipal de resíduos
Proposta PLAN MUNICIPAL DE XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS DO CONCELLO DE ARTEIXO 2018-2025