Participa nos programas de recollida selectiva e acede a beneficios fiscais
Toda a veciñanza e as actividades económicas poden solicitar a participación nos programas dispoñibles, contribuíndo á protección do medio ambiente e beneficiándose de incentivos fiscais asociados á correcta segregación dos residuos.
Programas dispoñibles
- Compostaxe individual (descarga aquí ).
Programa dirixido á cidadanía que resida en zonas rurais ou en vivendas unifamiliares que dispoñan de espazos ao aire libre, como xardíns, hortas ou patios. O Concello proporcionará composteiros aos usuarios participantes. O programa pretende reducir a cantidade de residuos orgánicos enviados a tratamento, e a dependencia de fertilizantes químicos sintéticos. - Fracción orgánica (descarga aquí ).
Programa dirixido á cidadanía das zonas urbanas. Instaláronse colectores específicos dotados de sistemas de peche, que só permitirán o acceso aos usuarios autorizados. O programa pretende acadar que a fracción orgánica recollida sexa de alta calidade, permitindo o seu uso eficiente en procesos de tratamento como a compostaxe e a dixestión anaerobia, reducindo o impacto ambiental. - Recollida porta a porta de papel e cartón (descarga aquí ).
Programa dirixido aos sectores comercial, industrial, escolar e a calquera outra actividade que xere cantidades significativas destes residuos. O obxectivo principal deste programa é asegurar unha recollida eficaz e libre de contaminación do material producido nestes ámbitos. - Recollida de vidro mediante sistema VACRI (descarga aquí ).
Programa dirixido prioritariamente ao sector da hostalaría, co obxectivo de incrementar a recuperación efectiva do vidro, un material 100% reciclable de alto valor económico e ambiental. - Recuperación de comida (descarga aquí ).
Programa dirixido á hostalaría e aos supermercados co fin de reducir o desperdicio alimentario e apoiar ás comunidades vulnerables. Preténdese facilitar a entrega de alimentos excedentes a asociacións sociais e entidades benéficas ou de economía social, contribuíndo á redución do desperdicio. - Colectores privados para fraccións monomateriais e/ou biorresiduos (descarga aquí ).
Programa dirixido ás actividades que desexen adquirir e manter os seus propios colectores de fraccións monomateriais (vidro, papel-cartón, envases e/ou orgánica) compatibles cos sistemas de recollida e enganche dos vehículos recolectores municipais.
Beneficios fiscais
- Para vivendas:
- Compostaxe individual: reducción do 15 % da cota fixa anual.
- Fracción orgánica (a través de colector de vía pública): reducción do 15 % da cota fixa anual.
Aviso: estes incentivos son incompatibles entre si; só se pode aplicar un por vivenda/persoa abonada.
- Para actividades económicas:
- Participación en 1 programa: 5 % de redución na cota fixa.
- Participación en 2 programas: 9 % de redución na cota fixa.
- Participación en 3 ou máis programas: 12 % de redución na cota fixa.
Aviso: non se pode participar en varios programas que teñan como obxecto a mesma fracción de residuos. Consulta o Anexo I da Ordenanza fiscal nº 14.
Normativa
- Ordenanza fiscal nº 14 reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento dos residuos municipais do Concello de Arteixo (ver ligazón BOP ).
- Ordenanza nº 46 de xestión de residuos municipais do Concello de Arteixo (ver ligazón BOP ).
Como inscribirse
Para participar nos programas e acceder aos beneficios fiscais, é necesario presentar unha solicitude a traveso do Rexistro Xeral (de maneira presencial) ou a traveso da Sede Electrónica, adxuntando a correspondente declaración responsable, na que os participantes confirmen a súa disposición a cumprir as obrigas do programa correspondente. Posteriormente, o Concello poñerase en contacto co participante para concretar a súa participación e garantir a correcta asignación ao programa escollido.
(ver ligazón Solicitude Xeral a traveso da Sede Electrónica ).
PARTICIPACIÓN NOS PROGRAMAS DE RECOLLIDA SELECTIVA PARA A CIDADANÍA
O proceso de solicitude de participación nos programas de recollida selectiva (no de FRACCCIÓN ORGÁNICA – para obter a tarxeta para abrir contenedores orgánicos, ou no de COMPOSTAXE INDIVIDUAL para obter composteiro para vivenda), sería o seguinte:
- Descargar e cubrir a declaración responsable correspondente, onde se detallan os compromisos e obrigas por parte da persoa declarante, así como onde se indica o número de abonado do lixo ó cal se lle aplicará a bonificación, o número aparece nos recibos coa denominación ‘número fixo ou número abonado’. Pódese descargar as declaracións no apartado de `Programas dispoñibles´, desde o anuncio da páxina web municipal cerrando esta ventá.
- Presentar dita declaración responsable, anexándoa a unha solicitude xeral, a través do rexistro xeral, ben sexa presencialmente, na Casa do Concello, ou noutros rexistros oficiais doutros organismos, ou telemáticamente, a traveso da Sede electrónica do Concello, se dispón de certificado dixital
No caso de acudir presencialmente ó Concello a presentar a solicitude recibirase a tarxeta no momento do rexistro. No caso de presentar a documentación telemáticamente ou en outros rexistros oficiais, recibirán a tarxeta posteriormente a traveso de correo certificado. Se solicitan o composteiro (programa Compostaxe Individual), en calquera caso deberán recollelo na parcela municipal do Polígono de Sabón, en Av. da Ponte 24 – Polígono de Sabón – 15143 Arteixo.
Non se admiten presentacións de documentación a traveso de correo electrónico, pois non é medio válido para que surta efectos no rexistro.
Recorden que a persoa declarante debe ser a persoa titular do abonado o lixo. Se é inquilino, pode presentar a documentación, coa autorización expresa do titular e coa documentación que se indica nas declaracións.
Poden consultar máis información no anuncio da páxina web municipal cerrando esta fiestra, onde se describen os programas, se poden descargar as declaracións responsables, e existe un enlace directo á sede electrónica.
Co obxecto de favorecer a realización destas xestións, ate o 18 de xuño estará aberto o Concello en horario de 16.00 a 18.00, de luns a xoves.
