Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Servizos > Educación

/ Educación

A Concellería de Educación é a encargada de desenvolver os proxectos educativos dirixidos á comunidade escolar (profesorado, alumnado, e familias) do Concello de Arteixo.

Planificamos, colaboramos e participamos activamente na implantación de Programas Educativos de calidade. Esta Concellería é, ademáis, a responsable de coordenar a oferta educativa que os demáis departamentos municipais poñen a disposición da comunidade escolar do municipio co comezo do curso.

Achegar ás personas de Arteixo propostas didácticas que apoien o seu espírito creativo e constructivo é un dos obxectivos do Concello de Arteixo, e neste senso, promove cada ano un programa completo que reúne todas as actividades que constitúen un apoio á formación que se imparte nos centros escolares. O noso propio concello é unha verdadeira fonte de información onde podemos atopar os recursos que nos axudan a coñecer máis de preto a nosa historia, costumes, e a nosa riqueza patrimonial.

O Concello de Arteixo pon a disposición dos centros educativos do municipio a utilización do patrimonio e as posibilidades formativas de Arteixo para axudar aos escolares a coñecer mellor o seu propio entorno, para que saiban coidalo.

A educación é o instrumento capaz de transmitir a todas as xeracións o legado cultural e científico da sociedade á que pertencemos e á que temos dereito e, xunto con ese legado, facernos coñecer o conxunto de valores que dotan a cada persona da capacidade para trazar as súas propias metas personais.

Aberto o prazo para o banco de instrumentos

Qué é o banco de instrumentos? É un sistema de préstamo de instrumentos para que o alumnado da Escola empadroado poida realizar a súa aprendizaxe cando non dispoña de instrumento propio.

Cando se pode solicitar? O prazo é do 21 ao 31 de agosto de 2023.

Quen pode solicitar? Alumnado empadroado matriculado na Escola Municipal de Música na disciplina de práctica instrumental.

Cómo se solicita?

–   Presencialmente: No rexistro do Departamento Municipal de Educación (non é precisa cita previa): Avda. dos Bosques, 16 Baixo (entrada por R/Ría de Noia), de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

–  Telemáticamente: a través do rexistro da Sede   electrónica municipal..

 Documentación a aportar:

  • Modelo normalizado de solicitude
  • Fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade da persoa para a que se solicita o préstamo, dos proxenitores ou dos representantes legais segundo proceda.
  • Fotocopia do libro de familia ou documentación que o substitua.

Impreso de autorización para a obtención dos datos tributarios do ano fiscal que corresponda das persoas que integran a unidade familiar con idade laboral. As persoas non obrigadas a declarar presentarán tamén a dita autorización. En todo caso, é obriga e responsabilidade das familias estar ao corrente nos seus datos fiscais coa AEAT

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Departamento Municipal de Educación

Avda. dos Bosques, 16 Baixo (entrada por R/Ría de Noia)

981 659 121 – 981 659 122

educacion@arteixo.org

Educación da a coñecer a listaxe definitiva de axudas ao transporte para estudiantes

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación publica as listaxes definitivas de axudas ao estudo da liña 3 (MOBILIDADE) curso 2020/2021 aprobadas pola Xunta de Goberno Local de data 22 de xullo de 2021.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición contra o presente acordo no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do anuncio da publicación no Boletín Oficial da Provincia perante o mesmo órgano que o ditou. Para a resolución do recurso tense o prazo dun mes contado desde o día seguinte á interposición. Se transcorrido ese prazo non se ten notificada a resolución, entenderase desestimado o recurso por silencio administrativo.

Axudas concedidas

Axudas non concedidas

Publicación BOP

Instruccións para formalizar a Matrícula da Escola Municipal de Música para o curso 2021/2022

Nos documentos adxuntos atoparán toda a información relativa á formalización de matrícula de todas aquelas persoas que obtiveron praza para o próximo curso 2021-2022.

O alumnado deberá de entregar toda a documentación requerida entre o venres 11 e o luns 21 de xuño.

indicacións matrícula novo alumnado

Modelo nova matrícula-Instrumento Adultos-Curso 2021-2022_ONLINE

Modelo nova matrícula-Instrumento Menores-Curso 2021-2022_ONLINE

Modelo nova matrícula-MM-Curso 2021-2022_ONLINE

Modelo de designación de Conta Bancaria

Ir al contenido