Misión, Visión e Valores do Servizo Municipal de Deportes
-
-
Misión
Liderar o sistema deportivo de Arteixo mediante unha xestión eficaz e transparente, fomentando o tecido asociativo e promovendo espazos, programas e actividades deportivas para a mellora da calidade de vida da veciñanza.
-
Visión
Ser un referente para a veciñanza como elemento coordinador, vertebrador e impulsor dunha oferta deportiva de calidade, satisfacendo as expectativas e demandas cidadáns
-
Valores
- Eficiencia na xestión
- Optimización na financiación dos servizos
- Valoración da calidade de Recursos Humanos como parte esencial da organización
- Apoio ao desenvolvemento do tecido asociativo deportivo local
- Implementación de programas deportivo saudables na oferta deportiva municipal
- Considerar o aforro enerxético e o desenvolvemento sostible como parte esencial na xestión das instalacións deportivas municipais.
-
Obxetivos Xerais do Servizo Municipal de Deportes
- Facilitar o acceso á actividade físico deportiva do maior número posible de persoas
- Coordinar co tecido asociativo a oferta deportiva para a xestión eficiente da programación deportiva municipal, que mellore a calidade do sistema deportivo municipal
- Construír e xestionar instalacións deportivas comunitarias
- Desenvolver unha xestión municipal desde os parámetros de eficacia, eficiencia e transparencia.
Programas Deportivos Municipais
Desde o Servizo Municipal de deportes ofértanse os seguintes programas deportivos:
Programa Escolas Deportivas Municipais
Programa Actividades Deportivas Extraescolares
Programa de Natación Escolar
Liga Municipal de Fútbol Sala
Programa Espectáculos e Eventos deportivos
Programa Deporte na natureza
Programa apoio ao deporte federado
Oferta Complexo Deportivo Municipal de Arteixo
Programa Deportivo de Verán