A concelleira de Servizos Sociales, Inés Ramos,renova o convenio polo que a asociación Agarimo recibirá 45.000 euros como axuda aos programas de formación e asesoramiento a menores que a entidade desenrola.
O obxecto do convenio é a regulación da colaboración entre o Concello de Arteixo e a ASOCIACIÓN AGARIMO para a execución de programas dirixidos aos colectivos incluídos no ámbito de competencias de ambas entidades, especificamente a execución dos programas de intervención socioeducativa con menores en risco de exclusión social.
- O Concello de Arteixo colaborará nos custos do persoal que participa en dito programa de intervención socioeducativa con menores, que non están subvencionadas por ningún outro organismo nin público nin privado, extremo que a ASOCIACIÓN AGARIMO deberá xustificar.
- Proporcionar espazos complementarios para a súa utilización polo Concello, por outras administracións públicas ou por entidades sen ánimo de lucro para desenvolvemento de actividades destinadas á poboación deste concello e que precisan de equipamentos específicos.
- A actividade da entidade considérase de interese social para a comunidade e este concello colabora no seu financiamento cunha cantidade que acada os 45.000,00€.
A asociación Agarimo é responsable da xestión do centro denominado Centro Residencial e Educativo “Ciudad de los Muchachos Agarimo” sito en Lugar de Laxobre (Arteixo). A asociación foi constituida en 1970. A asociación Agarimo é unha entidade de iniciativa social sin ánimo de lucro e que ten como fins os seguintes: axudar, asesorar e contribuir a solucionar os problemas de inadaptación, desarraigo, familia e integración dos menores e mocidade, baixo os aspectos sociais, educativo, económico, e xurídico, así como colaborar coas distintas administracións públicas e privadas con competencias nas materias citadas.
A asociación realiza as seguintes actividades
- Posta en marcha de obras asistenciais e educativas para o desenvolvemento dunha laboura social, educativa, cultural e deportiva dos menores e mozos.
- Programación e realización de actividades sociais, educativas, culturais, deportivas, e de ocio que faciliten a recuperación dos menores e mozos, con problemas familiares, escolares e de conducta.
Agarimo exerce funcións relacionadas con colectivos específicos (menores e mozos) e, de xeito indirecto, coas familias relacionadas, cabe sinalar que se complementan servizos que polo concello se ofertan. Deste xeito, o traballo que se realiza cos destinatarios das súas actuacións son prestacións especializadas. Ademais, é a única entidade no término municipal que ten entre os seus obxectivos a formación para a profesionalización que permita a posterior inserción sociolaboral das persoas sobre as que se actúa. O amplio número de prazas dispoñibles e a especificidade deste tipo de recursos que necesitan das autorizacións administrativas correspondentes, fundamenta, aínda máis, a idoneidade da subvención.