Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Servizos Sociais informa da renovación das axudas de alugueiro do plan estatal 2018-2021

Inicio > Servizos Sociais informa da renovación das axudas de alugueiro do plan estatal 2018-2021

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021 pola que se convoca a renovación das axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 de 2021 para  o ano 2022

O día 1 de marzo abre o prazo para solicitar renovación das Axudas de alugueiro do Plan Estatal 2018-2021.

Esta resolución ten por obxecto convocar unha prórroga para que todas as persoas que resultaron beneficiarias na convocatoria de 2021 poidan solicitar de novo a axuda para o ano 2022.

Quen pode ser beneficiario da renovación da axuda?

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude de renovación cumpran os seguintes requisitos:

  1. a) Ter obtido a condición de persoa beneficiaria da axuda na convocatoria de 2021 das axudas ao alugamento ao abeiro da Resolución do 5 de marzo de 2021 e non ter perdido o dereito á subvención.
  2. b) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
  3. c) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día de prazo de presentación de solicitudes.
  4. d) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo que se conceda a axuda. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento na data da presentación da solicitude.
  5. e) Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os importes establecidos no artigo 10 das bases reguladoras. Con carácter xeral no Concello de Arteixo non poderá superar os 400€ mensuais, aínda que estes límites poderán incrementarse ata un 20 %, no caso de que as persoas inquilinas sexan membros de familias numerosas e estean todos eles empadroados nesa vivenda ou sexan integrantes dunha unidade de convivencia que precise unha vivenda adaptada para algún dos seus membros
  6. f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. Os datos fiscais que se avaliarán nesta convocatoria para a prórroga das axudas corresponderán ao exercicio económico 2020. Para a valoración das solicitudes utilizarase o valor do IPREM dese mesmo ano.
  7. g) Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a dúas veces o IPREM. Este límite será de catro veces o IPREM se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:

– Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

– Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

Non poderá concederse a renovación da axuda

Cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen nalgunha das situacións que a continuación se indican:

  1. a) Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito as persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade de convivencia.
  2. b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.
  3. c) Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
  4. d) Ser inquilina dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera Administración pública.
  5. e) Ter sido beneficiaria das axudas de calquera das dúas liñas deste programa ao abeiro de convocatorias anteriores realizadas con financiamento do Plan 2018-2021 (excepto os que foron beneficiarios unicamente no 2021). Tamén exceptúanse deste suposto as persoas que xa non forman parte da unidade de convivencia da persoa beneficiaria da axuda.
  6. f) Non atoparse ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
  7. g) Estar incurso nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e/ou no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como ser obxecto dunha resolución de revogación ou reintegro dunha axuda deste plan de vivenda ou doutro anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia.

Prazo solicitude: 01/03/2022 ao 31/03/2022

Máis información: Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se convoca a renovación das axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 de 2021 para o ano 2022 (DOG nº 250 do 30/12/2021).

 

Ir al contenido