Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Resultado sorteo Actividades Extraescolares curso 2021/2022

Inicio > Resultado sorteo Actividades Extraescolares curso 2021/2022

<

 

Adxuntamos listaxe de persoas admitidas nas actividades extraescolares, como resultado do sorteo público celebrado o 19 de agosto de 2021 ás 11.00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo, no que a letra resultante de dito sorteo foi a «M»

 
As persoas admitidas terán un prazo (23 – 27 de agosto) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou Educación. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

O recibo de pagamento poderase solicitar de xeito presencial en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) con cita previa nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación; ou a través das direccións de correo electrónico deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org. O xustificante de pago deberase entregar do mesmo xeito.

 
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do un de setembro.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).
 
Ir al contenido