Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Reforzo escolar para o alumnado que máis o necesita

/ Reforzo escolar para o alumnado que máis o necesita

Falicitar apoio ao alumnado, mellorar a adquisición de competencias básicas, reforzar positivamente os logros; ou motivar aos alumnos mediante actividades diferentes que posibiliten a modificación da súa actitude de cara a aprendizaxe. Son algúns dos obxectivos que persigue a actividade de reforzo escolar que, un ano máis, pon en marcha a Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación durante os meses de xullo e agosto.

Trátase dunha iniciativa dirixida a rapazas e rapaces que cursan os seus estudos de 1º e 2º da ESO no IES Manuel Murguia e no  IES Pastoriza e que terá lugar de luns a venres en horario de 10:30 a 13:30 h. na Aula da Natureza.

Os centros educativos serán os encargados de derivar a esta actividade a aqueles alumnos que máis o precisan e teñen que facer un esforzo de cara a recuperación das asignaturas pendentes.

 

 

 

 

Ir al contenido