A Concellería de Promoción Económica pon en marcha un curso de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos naturais que permitirá a aquelas persoas que o completen o desempeño da ocupación de Socorrista en espazos acuáticos naturais e está autorizada pola Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia.
O programa desenvolverase entre o 22 de marzo e o 28 de abril.
As clases serán os venres de 16 a 21 horas, os sábados de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas, e os domingos de 9 a 14 horas en instalacións propias do Concello de Arteixo
A persoas interesadas deberán presentar o anexo de solicitude ca documentación requirida no Departamento de Promoción Económica do Concello entre o 8 e o 14 de marzo de 202. Tamén a través de sede electrónica municipal.
Para máis información, chamar ao teléfono 981659147