UNIÓN EUROPEA

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha Maneira de facer Europa

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha Maneira de facer Europa

UNIÓN EUROPEA

Filtro xeral
Inicio > Promoción Económica-Formación

/ Promoción Económica-Formación

FORMACIÓN AGRICULTURA ECOLÓXICA

¿Queres aprender a cultivar alimentos máis sanos e nutritivos de xeito ecolóxico e respectando o medio ambiente?

¿Queres obter cultivos máis saudables, usando os recursos naturais, a biodiversidade, a rotación e asociación de cultivos, os ciclos da natureza, as plantas aromáticas, os remedios de pesticidas e fertilizantes naturais e ecolóxicos… obtendo un maior rendemento da terra así como alimentos de máis calidade nutricional ?

¿Interésache facer un aproveitamento dos recursos naturais sen prexudicar o medio ambiente na túa horta?

Temos o curso para ti:

“Xardinería e agricultura ecolóxica”

O compromiso do Concello de Arteixo para fomentar un mundo máis sostible, materializase neste curso de formación en Xardinería e Agricultura ecolóxica, que se desenvolve a través da concellaría de Promoción Económica, dentro da estratexia «Plan Novarteixo 2020» cofinanciada nun 80% por FEDER no marco do Programa Operativo de Crecimiento Sostenible (POCS) 2014/2020, actualmente integrado no Programa Operativo Plurirregional de España (POPE) 2014/2020.

O proceso para participar iníciase o 15 de maio e que está pensado para fomentar entre a veciñanza do Concello o concepto de horticultura sostible e ecolóxica.

Se queres participar como alumno/a no curso, non o dubides: chámanos ao teléfono 981 659 147, do Departamento de Promoción Económica e informarémoste.

 

Ir al contenido