Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Programa de natación escolar 2022/2023

/ Programa de natación escolar 2022/2023

Con motivo do comenzo do novo curso escolar nos centros escolares de primaria de Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e Meicende, desde a Piscina Municipal ofértase a actividade de natación escolar a todo o alumnado. Os interesados poderán inscribirse na recepción da piscina municipal de Arteixo nos días que lles corresponda ao seu centro. Prazas limitadas por riguroso orde de inscripción.

O importe da actividade é de 25,84€ abonados/sócio e de 51,68€ eventuais por curso (8 meses, dende Outubro ata Maio).

O prazo de inscripción comprende:

  • Escolas unitarias: desde o mércores 28 ata o venres 30 de setembro
  • CEIP Ponte dos Brozos: mércores 28 ata o venres 30 de setembro
  • CEIP Arteixo: dende o luns 26 ata o mércores 28 de setembro
  • CEIP Galán: dende o mércores 21 ata o venres 23 de setembro
  • CEIP San Xosé Obreiro: dende o luns 19 ata mércores 21 de Setembro

Esta actividade desenvolverase 1 día á semana durante 45 minutos. Os horarios dispoñibles son:

  • CEIP Ponte dos Brozos

    • Mércores ou Xoves ás 16:00 horas (Servizo de transporte non incluído) para os nenos que veñen dende o colexio e para os que non usan transporte escolar. Un monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Ponte dos Brozos. Ao rematar a actividade os pais teñen que recoller aos nenos na Piscina Municipal.
    • Mércores ás 16:45 horas (Servizo de transporte incluído) para os nenos que veñen en autobús desde a súa casa, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
  • CEIP Arteixo
    • Luns ou martes ás 16:00 horas (Servizo de transporte non incluído) para os nenos que veñen dende o colexio e para os que non usan transporte escolar. Un monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Arteixo. Ao rematar a actividade os pais teñen que recoller aos nenos na Piscina Municipal.
    • Mércores ás 16:45 horas (Servizo de transporte incluído) para os nenos que veñen en autobús desde a súa casa, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
  • CEIP Galán (Servizo de transporte incluído)
    • Luns ou martes ás 16.45 h
    • Os nenos/as terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
  • CEIP Meicende (Servizo de transporte incluído)
    • Xoves ás 16.45 h
    • Os nenos/as  terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán facilitados na piscina municipal
  • Escolas Unitarias

    • Mércores ás 16.45 h (Con transporte)
    • Os nenos/as  terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán facilitados na piscina municipal

A actividades está dirixida a alumnos de ensinanza primaria, sendo imprescindible que as persoas participantes sexan autónomas no vestiario. Prazas limitadas por riguroso orden de inscripción

Para mais información e inscricións diríxanse á recepción da Piscina Municipal ou no teléfono 981633444.

Ir al contenido