Con motivo do comenzo do novo curso escolar nos centros escolares de primaria de Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e Meicende, desde a Piscina Municipal ofértase a actividade de natación escolar a todo o alumnado. Os interesados poderán inscribirse na recepción da piscina municipal de Arteixo nos días que lles corresponda ao seu centro. Prazas limitadas por riguroso orde de inscripción.
O importe da actividade é de 25,84€ abonados/sócio e de 51,68€ eventuais por curso (8 meses, dende Outubro ata Maio).
O prazo de inscripción comprende:
- Escolas unitarias: desde o mércores 28 ata o venres 30 de setembro
- CEIP Ponte dos Brozos: mércores 28 ata o venres 30 de setembro
- CEIP Arteixo: dende o luns 26 ata o mércores 28 de setembro
- CEIP Galán: dende o mércores 21 ata o venres 23 de setembro
- CEIP San Xosé Obreiro: dende o luns 19 ata mércores 21 de Setembro
Esta actividade desenvolverase 1 día á semana durante 45 minutos. Os horarios dispoñibles son:
- CEIP Ponte dos Brozos
- Mércores ou Xoves ás 16:00 horas (Servizo de transporte non incluído) para os nenos que veñen dende o colexio e para os que non usan transporte escolar. Un monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Ponte dos Brozos. Ao rematar a actividade os pais teñen que recoller aos nenos na Piscina Municipal.
- Mércores ás 16:45 horas (Servizo de transporte incluído) para os nenos que veñen en autobús desde a súa casa, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
- CEIP Arteixo
- Luns ou martes ás 16:00 horas (Servizo de transporte non incluído) para os nenos que veñen dende o colexio e para os que non usan transporte escolar. Un monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Arteixo. Ao rematar a actividade os pais teñen que recoller aos nenos na Piscina Municipal.
- Mércores ás 16:45 horas (Servizo de transporte incluído) para os nenos que veñen en autobús desde a súa casa, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
- CEIP Galán (Servizo de transporte incluído)
- Luns ou martes ás 16.45 h
- Os nenos/as terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
- CEIP Meicende (Servizo de transporte incluído)
- Xoves ás 16.45 h
- Os nenos/as terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán facilitados na piscina municipal
- Escolas Unitarias
- Mércores ás 16.45 h (Con transporte)
- Os nenos/as terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán facilitados na piscina municipal
A actividades está dirixida a alumnos de ensinanza primaria, sendo imprescindible que as persoas participantes sexan autónomas no vestiario. Prazas limitadas por riguroso orden de inscripción
Para mais información e inscricións diríxanse á recepción da Piscina Municipal ou no teléfono 981633444.