O Complexo Deportivo Municipal Pastoriza – Meicende publica o procedemento de inscrición nos cursos trimestrais de natación.
- Prazo de preinscrición de prazas libres: do 23 de agosto ao 8 de setembro
- O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Complexo Deportivo Municipal de Pastoriza – Meicende ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org e na páxina do CDM www.cdmpastorizameicende.com. Deberase entregar nas oficinas do CDM Pastoriza – Meicende, en horario de 07:30 a 22:00 h de luns a venres e de 10.00 a 13:30 h. sábados e domingos. Do mesmo xeito poderase enviar á dirección de correo cdmadminstracion@axinasd.com.
- No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo
- Exposición de persoas preinscritas: 11 de setembro na páxina web municipal e o na páxina do CDM www.cdmpastorizameicende.com.
- Prazo subsanación erros: 12-14 setembro. De forma presencial no CDM Pastoriza-Meicende, por telefono ao 981798147 e ao correo cdmadminstracion@axinasd.com.
- Publicación listaxe definitiva de persoas preinscritas: 15 de setembro na páxina web municipal www.arteixo.org e na páxina do CDM www.cdmpastorizameicende.com
- Sorteo público: 16 de setembro ás 11:00 h no CDM Pastoriza-Meicende.
- Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 17 de setembro na páxina web municipal www.arteixo.org e na páxina do CDM www.cdmpastorizameicende.com. E taboleiro de anuncios do CDM de Pastoriza – Meicende.
- Prazo de inscrición: As persoas admitidas terán un prazo (17 ao 27 de setembro) para o pagamento e formalizar a inscrición do curso no CDM de Pastoriza – Meicende.
- Exposición da lisxtaxe de prazas libres: 28 de setembro na páxina web do CDM www.cdmpastorizameicende.com. E taboleiro de anuncios do CDM de Pastoriza – Meicende.
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións libres a partir do 28 de setembro
Documentación a entregar:
- Fotocopia do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai ou titor.
- Folla de inscripción do curso debidamente cumplimentada.
Folla preinscrición cursos natación CDM Pastoriza – Meicende
Lista de espera:
Só se inscribirán en lista de espera a aqueles alumnos que non teñan praza na súa propia actividade.
Os alumnos/as da lista de espera serán avisados polo CDM para a súa incorporación. Unha vez avisados deberán confirmar a súa incorporación e efectuar o correspondente abono da actividade no prazo de 24 horas desde o aviso. En caso contrario serán dados de baixa na lista de espera sen máis trámite.
Se por algún motivo excepcional non se puidese contactar por parte do CDM con algún usuario da lista de espera, sería recomendable que todo aquel usuario incluído nestas listas pasarase as nosas oficinas no CDM, para ver en qué situación está con respecto á lista de espera, xa que se é imposible contactar él, ou unha vez avisado non confirma a súa inscrición perderá a súa posición en dicha lista.
Descontos: Segundo indica o artigo 24.2 do Regulamento de Instalacións Deportivas e Escolas Municipais do Concello de Arteixo, os usuarios coa modalidade de persoas socias, terán un desconto do 50% respecto a taxa de abonado nas seguintes modalidades:
- Cursos de bebes
- Cursos nas escolas de natación para o segundo irmán e seguinte.