Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Procedemento de renovación dos cursos de natación no complexo Pastoriza Meicende: trimestre outubro a decembro

/ Procedemento de renovación dos cursos de natación no complexo Pastoriza Meicende: trimestre outubro a decembro

Desde o Complexo Deportivo Municipal de Pastoriza – Meicende comunícase que o procedemento de renovación dos cursos de natación para o vindeiro curso 2024/2025 será o seguinte, tendo en conta o contemplado no Regulamento de instalacións deportivas municipais e escolas deportivas municipais, aprobado polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril de 2015 e publicado no BOP número 213 do 6 de novembro de 2015:

RENOVACIÓNS

Prazo de renovación: do 10 ao 22 de Xuño.

Os cursillistas poderán realizar a renovación do curso no que estean inscritos abonando o correspondente trimestre de (Outubro, Novembro e Decembro).

O Complexo Deportivo Municipal Pastoriza-Meicende, resérvase o dereito a efectuar as modificacións dos horarios, profesorado, cambios de grupo, etc. que se consideren necesarias.

Exposición da listaxe definitivo de persoas admitidas: A partir do 1 de Xullo na páxina web municipal www.arteixo.org e na páxina do CDM www.cdmpastorizameicende.com. E taboleiro de anuncios do CDM de Pastoriza – Meicende.

Descontos:
Segundo indica o artigo 24.2 do Regulamento de Instalacións Deportivas e Escolas Municipais do Concello de Arteixo, os usuarios coa modalidade de persoas socias, terán un desconto do 50% respecto a taxa de abonado nas seguintes modalidades:
• Cursos de bebes
• Cursos nas escolas de natación para o segundo irmán e seguinte.
O Complexo Deportivo Municipal Pastoriza-Meicende, resérvase o dereito a efectuar as modificacións dos horarios, profesorado, cambios de grupo, etc. que se consideren necesarias.

Ir al contenido