Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Prazo de renovación de matrícula na Escola de Música para o curso 23/24

/ Prazo de renovación de matrícula na Escola de Música para o curso 23/24

Dende a Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación infórmase que comeza o prazo de renovación de matrícula do alumnado da EMMArteixo para o vindeiro curso 2023/2024 nas sedes de Arteixo e Meicende.

Para o curso 2023/2024 os prazos para o procedemento de renovación da matrícula do alumnado da EMMArteixo son os seguintes:

  • Do 1 ao 15 de marzo (prazo de renovación de matrícula do actual alumnado, agás o alumnado que este ano cursa Básica II, que ten os seus propios prazos)
  • Do 20 de marzo ao 31 de marzo (exposición das listaxes[1] e posibles reclamacións)

 ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN

A través do enderezo electrónico: emmaarteixo@gmail.com, mediante o envío dos modelos correspondentes para cada procedemento. Estes modelos poranse a disposición das persoas interesadas na páxina web do Concello e enviaranse ao alumnado da EMMArteixo a través do correo electrónico antes do comezo do prazo correspondente (nos casos de renovacións de matrícula).

INFORMACIÓN:

Por teléfono: 671 582 787 nos seguintes horarios:

  • Luns: 09:00 a 13:15 h.
  • Mércores: 09:00: a 13:15 h.
  • Xoves: 16:00 a 18:30h
  • Venres: 09:00 a 13:15 h.
  • Por correo electrónico: emmaarteixo@gmail.com

NON PODERÁ RENOVAR A MATRÍCULA NA EMMArteixo:

  1. O alumnado expulsado mediante expediente disciplinario.
  2. O alumnado que teña cumpridos seis anos de permanencia na escola na mesma materia ou dez anos dende que empezou música e movemento .

[1] Previa comprobación de datos de débeda pública.

Modelo de renovación para menores de idade

Modelo de renovación para adultos

Prazos

Ir al contenido