A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación infórmase que comeza o prazo de renovación de matrícula do alumnado da EMMArteixo para o vindeiro curso 2024/2025 nas sedes de Arteixo e Meicende.
Para o curso 2024/2025 os prazos para o procedemento de renovación da matrícula do alumnado da EMMArteixo son os seguintes:
- Do 1 ao 15 de marzo (prazo de renovación de matrícula do alumnado, incluído o que cursa 4º e exceptuando o alumnado que este ano cursa Básica II, que ten os seus propios prazos)
- Do 20 de marzo ao 5 de abril (exposición das listaxes[1] e posibles reclamacións)
ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN
A través do enderezo electrónico: emmaarteixo@gmail.com, mediante o envío dos modelos correspondentes para cada procedemento. Estes modelos poranse a disposición das persoas interesadas na páxina web do Concello e enviaranse ao alumnado da EMMArteixo a través do correo electrónico antes do comezo do prazo correspondente (nos casos de renovacións de matrícula).
INFORMACIÓN:
Por teléfono: 671 582 787 nos seguintes horarios:
-
Luns: 09:00 a 13:15 h.
-
Martes: 16:00 a 18:30h
-
Mércores: 09:00: a 13:15 h.
-
Venres: 09:00 a 13:15 h.
Por correo electrónico: emmaarteixo@gmail.com
NON PODERÁ RENOVAR A MATRÍCULA NA EMMArteixo:
-
O alumnado expulsado mediante expediente disciplinario.
-
O alumnado que teña cumpridos seis anos de permanencia na escola na mesma materia ou dez anos dende que empezou música e movemento .