Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O pleno de marzo aprobará a expropiación de 13.000 m2 para a construcción do novo parque central

PUBLICACIÓN

O pleno de marzo aprobará a expropiación de 13.000 m2 para a construcción do novo parque central

26 Mar, 2021 | NOTICIAS, NOTICIAS PLENOS

Será o mércores a partir das 9 h

O pleno ordinario do mes de marzo, o mércores 30, tratará o expediente de expropiación do que se convertirá no maior parque do núcleo de Arteixo con un total de 13.000 m². O Concello xa recepcionara anteriormente este proxecto que suporá un investimento cercano ao millón de euros e que suporá un importante reforzo nas infraestructuras de ocio xa existentes no paseo fluvial.

O novo parque terá varias zonas de xogos infantís, equipamentos deportivos, áreas biosaudables, unha cúpula central de madeira que sirva como punto de reunión ou pasarelas elevadas de madeira na zona húmida próxima ao río Bolaños o que permitirá que os veciños podan achegarse ao cauce.

A autora do proxecto é a arquitecta Yolanda de Arriba sinala que o parque proxéctase como unha gran estructura verde «debe de ser un elemento a través do que se conecten o resto de equipamentos, espazos públicos e percorridos próximos, de forma que complete a malla urbana e non funcione como un «fondo de saco». Para eso proxéctanse accesos peonís cara ao edificio da escola infantil e centro de maiores, o aparcamento e as outras zonas de xogos infantís existentes no paseo fluvial”.

O parque disporá  dunha senda secundaria que se adentrará na zona de vexetación da ribeira. Será unha senda elevada 50cm sobre o terreo con postes de madeira de castiñeira e sen ninguha cimentación. Trátase de afectar o menos posible a esta zona e revalorizala.

Unha das zonas do parque terá unha zona de patinaxe acompaña de xogos xuvenís e un graderío-solarium. Tamén proxéctase unha senda perimetral para conectar os distintos elementos deportivos. Complétanse os equipamentos cunha cúpula aberta , de madeira laminada, para falicitar o encontro entre os paseantes.

O alcalde Carlos Calvelo sinala que “é un proxecto de área verde cunha funcionalidade para distintos grupos de poboación e con unhas dimensións que permitirán ao núcleo de Arteixo asegurar que ten suficientes infraestructuras verdes de cara a crecementos futuros”.

parque

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido