Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Paula 4º posto de Europa en 1500 libre

/ Paula 4º posto de Europa en 1500 libre

Paula tivo unha participación no Campionato de Europa Absoluto simplemente impresionante. Dúas finais, un 4º posto, e unha clausura de competición con moi boa marca e moi cerca de nadar de novo entre as mellores.

Este campionato celebrouse no Foro Itálico de Roma entre os días 11 e 17 de agosto, coa presencia dos mellores nadador@s de Europa. Foi todo un espectáculo para os amantes deste deporte, no que poidemos asistir a grandes marcas a nivel mundial, unha boa representación española, e entre eles a da nadadora do Club Natación Arteixo con moi bos resultados.

Paula tivo un ano ben movido, xa que ven de rematar o seu último curso de bacharelato e de aprobar o exame que lle da acceso á universidade, todo esto sen deixar de lado o seu compromiso co adestramento e o seu plan de estar ó mellor nivel este verán en Roma. Como paso previo a este momento participou no Mundial de Budapest, ó que acudeu recén recuperada de covid.

En Roma volveu brillar, nadou un total de tres probas. Empezamos pola súa primeira proba, 800 libre, na que pola mañán acadou posto de finalista en 6º lugar realizando a súa segunda mellor marca. Na final fixo unha gran carreira, empezando moito máis atrevida e rematou en 7º posto. A súa seguinte proba foi a máis impresionante, o 1500 libre, proba na que entrou na final no 8º posto. Cando chegou o momento da final, demostrando unha gran confianza en si mesma e na súa forma de plantexar a proba, foi remontando durante a proba, rematando nada máis e nada menos que en 4º posto, realizando a súa mellor marca persoal. O último día participou no 400 libre, acadando unha boa marca e un 10º posto que a deixou como reserva da final.

Gran actuación a desta xoven nadadora, que a tempada que ven, continuando nas filas do Arteixo, pasará a formar parte do grupo de adestramento do Centro de Alto Rendimiento CAR de San Cugat. Sen dúbida será un gran salto para ela, ó que accede gracias ó gran traballo de base e sobre todo ó realizado no CGTD de Pontevedra estes últimos anos.

Ir al contenido