Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Os nosos fillos ven porno: cómo actuar na familia

/ Os nosos fillos ven porno: cómo actuar na familia

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación do  Concello de Arteixo  e  a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e do Centro de Formación e Recursos da Coruña, organizan unha videoconferencia, enmarcada no  ESPAZO EDUCA_ Creando Pontes.

Será o próximo mércores día 10 de maio entre as 18:00  e as 20:00 horas.

José Luis García, recoñecido e prestixioso psicólogo e sexólogo, será o encargado de informar e orientar ás familias do que poden facer para a prevención, xa que os estudos recollen que o alumnado accede cada vez máis pronto a contidos sexuais e pornográficos na rede.

García é experto nos efectos do consumo de pornografía en menores e xoves e durante máis de 30 anos traballou como psicólogo clínico e sexólogo no Goberno de Navarra.

Con esta inciativa, que xa xurdíu no curso pasado e tivo varias  edicións anteriores presenciais, dase continuidade ao ESPAZO EDUCA_ Creando Pontes, fomentando así un espazo que axuda a potenciar as relacións entre os diferentes membros das comunidades educativas dos centros de ensino do Concello de Arteixo, na liña de establecer canles de comunicación e diálogo entre eles.

Nesta edición, e ao tratarse dunha videoconferencia non é necesario realizar inscrición previa. As persoas interesadas unicamente terán que conectarse a esta ligazón no momento da videoconferencia.

Ir al contenido