Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

A corporación aproba por unanimidade a nova ordenanza de comedor a domicilio que permitirá ofrecer o servizo todos os días do ano

Inicio > A corporación aproba por unanimidade a nova ordenanza de comedor a domicilio que permitirá ofrecer o servizo todos os días do ano

O pleno ordinario do mes de agosto decide por unanimidade modificar a ordenanza do servizo de comedor a domicilio que pasará a ofrecerse todos os días do ano, incluídas as fins de semana.

A sesión aborda tamén varias mocións do PSOE acerca do mantenemento das zonas verdes municipais e a solicitude de cambios no trazado das liñas de alta tensión; do BNG sobre o modelo eólico e do grupo dos non adscritos sobre os verquedoiros incontrolados.

Ver o pleno completo

O pleno baixa o recibo do lixo ao aplicar o canon de SOGAMA

O Concello aproba en pleno un cambio na ordenanza fiscal que regula a recollida do lixo.

A modificación suporá unha rebaixa do prezo que marca a taxa municipal para as vivendas, en 98 euros actualmente, que se se situará en 94 euros.

O Concello traslada así un ano máis aos veciños o canon que a administración para a SOGAMA en concepto de tratamento do lixo. O Concello tamén terán uno máis unha rebaixa do que paga a SOGAMA polo tratamento da tonelada de basura, que supón dentro do custe xeral da recollida de residuos do concello de Arteixo preto dun 4% de aforro para o municipio xa que SOGAMA é unha das partidas dentro desa conta xeral de gastos. A porcentaxe trasládase ao recibo do veciño.

Esta rebaixa prodúcese na liña iniciada tras a municipalización do servizo de recollida onde o concello comprometiuse a trasladar aos recibos da veciñanza calquer aforro no coste do servizo.

Arteixo xa aprobara en 2018 outra rebaixa no pleno municipal xa que foi daquela cando municipalizou o servizo de recollida de residuos e a nova ordenanza fixaba en 98€ anuais a tarifa para as vivendas frente aos 125,84€ que cobraba o Consorcio das Mariñas.

 

Ir al contenido