O pleno ordinario do mes de agosto decide por unanimidade modificar a ordenanza do servizo de comedor a domicilio que pasará a ofrecerse todos os días do ano, incluídas as fins de semana.
A sesión aborda tamén varias mocións do PSOE acerca do mantenemento das zonas verdes municipais e a solicitude de cambios no trazado das liñas de alta tensión; do BNG sobre o modelo eólico e do grupo dos non adscritos sobre os verquedoiros incontrolados.