A Concellería de Educación leva ós alumnos á Casa Consistorial para participar nun pleno no que o alcalde contestou a un amplo abanico de cuestións nun longo turno de rogos e preguntas
Entre os asuntos a debater os alumnos tamén plantexaron a eliminación dos libros de texto en favor das novas tecnoloxías. A visita completouse cunha incursión no departamento de urbanismo e nas dependencias da policía local.