O Concello pon a disposición dos establecementos hostaleiros e recreativos o formulario necesario para solicitar, se o desexan, unha ampliación do horario de apertura durante as festas de Nadal.
Os locais interesados deberán cumplimentar a solicitude correspondente antes das 12:00 horas do día 30 de decembro de 2024. Poden facelo a través da sede electrónica e no rexistro municipal.