Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Os alcaldes de Arteixo e A Laracha convocan sendas reunións coa veciñanza para explicar a súa oposición ao parque eólico de Pedra Queimada

PUBLICACIÓN

Os alcaldes de Arteixo e A Laracha convocan sendas reunións coa veciñanza para explicar a súa oposición ao parque eólico de Pedra Queimada

3 Ago, 2022 | NOTICIAS

Arteixo e A Laracha aúnan esforzos en contra do parque eólico de Pedra Queimada, na parroquia de Monteagudo no seu linde coa Laracha e Carballo.

Carlos Calvelo e José Manuel López manterán dúas reunións coa veciñanza de un e outro municipio para expoñer a súa oposición a este proxecto  debdido ao seu indubidable negativo impacto ambiental e a súa proximidade a núcleos rurais.

Os encontros terán lugar o martes 9 de agosto ás 20.30h no Centro Social de Caión, en A Laracha; e o mércores 10 de agosto, ás 20h no bar O Muíño de Monteagudo, en Arteixo. Ambas reunións son abertas a toda a cidadanía e nas dúas estarán presentes Carlos Calvelo de José Manuel López.

Arteixo xa dispuxera unha alegación tipo en contra desta instalación que a veciñanza pode utilizar. O prazo para presentala finaliza o próximo 17 de agosto.

Arteixo actúa neste caso do mesmo xeito que fixera no parque de Santa Leocadia para o que tamén preparou unha alegación tipo que puxo a diposición da veciñanza. Tamén esta administración manterá a mesma posición respecto da liña eléctrica de evacuación que abastece a outro parque situado en Carballo.

En todos os casos o Concello, ademáis da alegación tipo facilitada á veciñanza, presentará informes técnicos en contra da instalación de aeroxeneradores

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido