A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, o vindeiro sábado día 20 de xaneiro organiza un OBRADOIRO TECNOLÓXICO con 30 prazas para nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade. O obradoiro vaise levar a cabo de 11:30 a 13:30 horas no Centro Interxeracional Balneario.
Os menores participantes no obradoiro realizarán prácticas de robótica, programación e electrónica, adaptadas á súa idade.
Ao mesmo tempo que os máis pequenos e pequenas da casa participan no obradoiro tecnolóxico, os adultos poden participar noutro obradoiro que se desenvolverá simultaneamente e que tratará sobre os perigos nas redes sociais, tips sobre o tempo de exposición ás pantallas, e outras cuestións sobre o entorno dixital. Será impartido por Raúl Ordóñez, recoñecido formador TIC.
Para a participación nestes obradoiros é necesario realizar unha inscrición previa. O prazo de inscrición remata o día 18 de xaneiro, e , no caso de que a demanda supere a oferta de prazas, realizarase un sorteo público o día 19 ás 11:00 horas no Departamento de Educación (Avda dos Bosques, 16).
As inscricións deberanse enviar por correo electrónico a educacion@arteixo.org .