Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O verán trae de volta os servizos de transporte e socorrismo nas praias do concello

PUBLICACIÓN

O verán trae de volta os servizos de transporte e socorrismo nas praias do concello

12 Jun, 2024 | NOTICIAS

O concello pon en marcha as liñas de transporte municipal ás praias do municipio o vindeiro domingo 16 de xuño.
Os autobuses con destino ás praias súmanse así ás outras liñas que comunican os núcleos urbanos entre si e cos núcleos rurais do municipio. O transporte municipal supero no 2023 os cen mil pasaxeiros en todas as súas liñas e é unha iniciativa que busca fomentar a mobilidade de forma sostible, e que se busca que os veciños poidan utilizar de forma sinxela e constante unha rede de liñas de comunicación que melloren a conectividade entre os diferentes núcleos do municipio.
Este servizo iníciase á vez que esta fin de semana póñense en marcha tamén o dispositivo de socorrismo nas sete praias con bandeira azul de Arteixo. O servizo de socorrisno contará con 45 efectivos, entre socorristas, ATS e pilotos de embarcación. O servizo conta con dúas embarcacións e unha moto náutica que teñen como base o porto exterior co obxectivo de que o tempo de reacción durante unha emerxencia sexa menor.
O servizo tamén dispón de dous quads equipados como vehículos de emerxencias para o transporte dos feridos polas praias de maneira máis rápida e eficiente.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido