Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla en contra dunha compañía de transporte que pedía 1,7 millóns de euros a Arteixo por autorizar as paradas do bus urbano en Meicende

PUBLICACIÓN

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla en contra dunha compañía de transporte que pedía 1,7 millóns de euros a Arteixo por autorizar as paradas do bus urbano en Meicende

14 May, 2024 | NOTICIAS

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de referendar unha sentenza do ano pasado do Xulgado Administrativo número 4 e, por tanto, desestimar o recurso presentado en contra desa sentenza polas compañías Roteiro Bus e Compañía Metropolitana de Transportes da Coruña (empresa xa disolta) na que pedían 1,7 millóns de euros ao concello de Arteixo polos supostos prexuízos ocasionados polo convenio promovido polo concello de Arteixo e que, desde o 2015, permite aos buses urbanos da Coruña efectuar varias paradas en Meicende.
Os tribunais botan por terra así as millonarias pretensións desta empresa e reafirman a vixencia dun convenio que o concello de Arteixo, a Xunta de Galicia e o concello da Coruña asinaron en 2015 para posibilitar que o bus urbano da Coruña establecese varias paradas en Meicende.
Os tribunais xa fallaran anteriormente noutras sentenzas que o convenio incumprise normativas relativas ás concesións de transportes que rexen actualmente as liñas de viaxeiros de autobús.
O convenio formouse tras a entrada en vigor da lei de racionalización da administración tras ser tramitada no parlamento de Galicia. Esta nova normativa permitía traspasar fronteiras municipais en materia de transporte público, e ofreceu unha base legal para que Arteixo, A Coruña e a Xunta acordasen mediante un convenio que o transporte público urbano da Coruña dispuxese de varias paradas en Meicende, reivindicación histórica dos veciños de Meicende. Desde facía décadas o bus urbano da Coruña transitaba por Meicende sen deterse, xa que as normas administrativas que definían a súa concesión impedíanlle ter unha parada oficial fose dos límites xeográficos da Coruña, o que provocara as queixas e as protestas desde hai anos dos veciños de Meicende, que viñeron ser resoltas no 2015 co establecemento deste convenio.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido