Chega a décima edición do Trial Concello de Arteixo organizado pola AD Jarnachas.
Será o próximo mércores 1 coa participación de ata 400 deportistas repartidos en varias probas.
Disputarase un trail longo, con saida ás 9.00h no que participan 100 corredoras e corredores que deberán superar 28.5 km cun desnivel de 1850m.
Ás 10.00h tomarán a saída as 250 persoas inscritas no trail curto, de 15,5 km de distancia e desnivel de 850m
Por último tamén hai organizada unha andaina de 12 km. Todas as probas teñen a saída na Cúpula das festas