Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O servizo municipal de transporte ás praias volverá o 12 de xuño

PUBLICACIÓN

O servizo municipal de transporte ás praias volverá o 12 de xuño

12 May, 2022 | NOTICIAS

Arteixo retoma o próximo 12 de xuño o servizo municipal de transporte ás praias que se extenderá ata o 18 de setembro. O obxectivo é que todos os núcleos urbanos do concello estén unidos con paradas cercanas aos areais de Sabón, Valcobo e Barrañán.

Este servizo, que se pon en marcha cada verán, compatibilízase coas sete liñas de autobús que cada día percorren as parroquias para conectar os núcleos rurais e urbanos.

O 12 de xuño comezará tamén o servizo de salvamento nas praias que tamén se prolongará ata o 18 de setembro. Serán 45 profesionais que disporán, para o seu labor, de dúas lanchas de salvamento, unha moto de auga e dous quadas para o transporte de feridos.

Arteixo é un ano máis o concello coruñés con máis bandeiras azuis ata completar un total de oito coa novidad, neste 2022, do Porto de Suevos que únese así aos areais de O Reiro, Barrañán, Combouzas, Valcobo, A Hucha, Repibelo, Alba-.Sabón. Arteixo tamén obtivo este ano o distintitvo de «sendeiro azul» para o paseo marítimo que percorre o camiño litoral de 6’4 km entre O Rañal e Barrañán.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido